decoration decoration decoration
decoration
leaf leaf leaf leaf leaf
decoration decoration

EDITORIAL

Ola amigos!

Aquí estamos de novo os membros do equipo da revista Alborada. Esta vez dámosvos a benvida ao novo curso cun pouco de retraso, pero coa mesma ilusión de tódolos anos.

Este ano, e como novidade, temos unha nova sección baixo o nome de “expresARTE”  na que podedes participar mandando os vosos relatos, poesías, etc. Agardamos a vosa participación.

Pero, queridos amigos, este curso tamén trae outras novidades ao noso centro: despedimos con moita tristura ás irmás Carmen e Gaudencia, ás que lles desexamos que sexan moi felices na súa nova etapa. E recibimos con alegría a Maite, Cati e Angelines. Benvidas ao noso centro, agardamos que vos sintades acollidas e que compartades moitos anos connosco.

E xa para rematar, comentarvos que o noso cole xa está cardioprotexido. Temos xa un desfibrilador que foi financiado coa venta de pulseiras que fixemos o ano pasado. Noraboa a todos. Agardamos non ter que usalo nunca.

E iso é todo amigos. Vémonos no próximo editorial!

A Redacción (Novembro 2017)

 

 

Boas de novo, lectores e lectoras!!!

Que tal levades esta fin do segundo trimestre? E como van esas notas ? Agardamos que ben, e se regular, só fai falla un tironciño máis para as recuperacións.

Cremos que isto das recuperacions, notas, etc, xa o oídes moi a miúdo, non si? E seguro que oístes falar tamén da grande adición aos teléfonos móbiles.

Cada vez os rapaces comezan máis xóves a ter móbil, e isto provoca que os casos de adicción a este aumente cada ano. Nun estudo realizado pola ONG Common Sense Media revelouse que a metade dos adolescentes afirmaban sentir adicción cara ao móbil, e o 60% dos pais opinaba o mesmo.

O fenómeno da adicción aos móbiles é relativamente recente, polo que non hai un diagnóstico oficial ao respecto, sen embargo os psicólogos advirten das consecuencias negativas que pode carrexar.

Os expertos coinciden en que as novas tecnoloxías convirtense en adicción cando interfiren coas actividades da vida diaria e os adolescentes deixan de facer outras cousas necesarias na súa vida.

Pero non todo é malo, xa que as novas tecnoloxías tamén aportan beneficios. Ademais de facernos sentir ben pola liberación de dopamina, melloran a atención, a memoria e a coordinación motora.

Polo tanto, os móbiles non son bos nin malos, o único perigoso é facer un uso desmedido e sen límites. Así que xa sabedes, usade o móbil con moderación e facede outras cousas como charlar coa familia e os amigos, ler, facer deporte, manualidades…

Ata o próximo post!!

A Redacción (Abril 2017)

 

 

BASES DO CONCURSO DE CARTAS DE AMOR

  1. Poderán participar todos os alumnos e profesores da ESO
  2. A redación tratará sobre o amor ou o desamor.
  3. A extensión máxima será dunha carilla, e deberase presentar a ordenador con fonte arial tamaño 12, con interlineado sinxelo.
  4. Forma de presentación da carta: esta deberá ir nun sobre pechado que se meterá nun buzón do corredor da ESO.
  5. O sobre deberá levar o seudónimo do autor, mentres que o nome completo e o curso irán ao final da carta.
  6. Valorarase a orixinalidade, a innovación, os sentimentos, a emoción, etc.
  7. O prazo de entrega finalizará o día 14 de febreiro.
  8. O comunicado do gañador e a entrega de premios será o día 24 de febreiro.

Boas de novo, lectores de lectoras!!

Xa levamos case un mes dende que remataron as vacacións de Nadal, e xa hai máis ou menos cinco meses que comezamos o curso. A estas alturas comezamos a ter traballos, tarefas para facer na casa, exames… Mais non debemos agobiarnos por isto, hai que esforzarse ata o final.

Pero non imos falar de exames, nesta editorial queremos tratar o acoso escolar.

No que vai de ano, xa son moitas as vítimas de bullyng que por desgracia saen nas noticias por agresións ou ben porque se suicidaron.

O acoso escolar é calquera forma de maltrato físico, verbal ou psicolóxico producido entre escolares de forma reiterada ao longo dun tempo determinado, tanto na aula como a través das redes sociais. O acoso escolar é unha especie de tortura metódica e sistematica á que o agresor somete á vitima ante o silencio, indiferencia ou a complicidade doutros compañeiros.

Hai varios tipos de acoso escolar: amenazas, agresións físicas ou verbais, intimidación, coaccións, exclusión e bloqueo social.

Non existe un perfil de vítima de acoso, ainda que todos pensamos que o sofren os máis débiles, pero non é así, xa que pode afectar a calquera tipo de persoa e as secuelas que deixa poden perdurar toda a vida. As vítimas adoitan necesitar axuda médica e psicolóxica para recuperar a normalidade.

Que podemos facer para rematar co acoso?

1.Que os profesores tomen medidas e se apliquen os protocolos.

2.Que os alumnos e alumnas que sexan testemuño de calquera tipo de acoso sexan valentes e se atrevan a contalo.

3.Que todos pensemos que humillar a outro non te fai máis forte, máis ben ao contrario, demostra a túa debilidade.

4.Que os pais dos acosadores pensen que os seus fillos tamén precisan axuda.

5.Que os pais das vítimas as escoiten e actúen, prestándolles o apoio necesario.

E lembrade, se sufrides calquera tipo de acoso,contádello aos vosos pais, aos titores ou a calquera adulto da vosa confianza. Vós non tedes a culpa, a culpa é dos acosadores e canto antes o contedes antes terminará o sufrimento.

Por un 2017 libre de acoso escolar!!!

Ata o próximo post!!

A Redacción (Xaneiro 2017)

 

Boas, lectores e lectoras!!

Boas de novo, amigos e amigas!

Estamos a piques de rematar o trimestre, e cada vez está máis cerca o Nadal!, seguro que tedes moitas ganas de que cheguen os días de festa, verdade? Nestes, é moi común que a xente compre sen pensar, o chamado consumismo. Estas festas son moi agardadas por todos, tanto polos máis pequenos, como polos máis maiores, sen embargo fai algún tempo que estamos olvidando a esencia do Nadal.

A orixe do Nadal sería compartir coa familia a celebración do nacemento de Xesús, pero o paso dos anos e os avances tecnolóxicos fixeron destas datas un momento de consumismo e derroche.

A relación que se lle dá ao Nadal cos agasallos, roupa nova, decoración das casas e rúas así como as ceas e festas, traspasaron o relixioso e convertíronas nunhas datas de consumismo. Deberiamos frear un pouco e volver de novo a esta esencia perdida.

Agardamos poder facer revivir o verdadeiro sentido do Nadal, e que pasedes unhas felices festas!! Ata o próximo post!!

 

A redacción (Decembro  2016)

 

 

 

loading
×