decoration decoration decoration
decoration
leaf leaf leaf leaf leaf
decoration decoration

O tenis español no máis alto

Na actualidade, o tenis español atópase no máis alto do ránking mundial.

No tenis masculino, o número 1 mundial, con 10645 puntos ocúpao Rafa Nadal, por diante de Roger Federer con 9005 puntos, recollendo o día 12 de novembro de 2017, por cuarta vez na súa carreira deportiva, o premio ao xogador número 1 do ano 2017, outorgado pola ATP *World Tour.

No posto 10 está Pablo Carreño-Busta, Roberto Bautista Agut no 20, no 23 Albert Ramos Vinolas e os postos 34, 35 e 36 ocúpanos Fernando Verdasco, Feliciano López e David Ferrer, respectivamente.

No tenis feminino, Garbine Muguruza ocupa o número 2 con 6135 puntos, no posto 40 Carla Suárez Navarro e no 84 Lara Arruaberrana-Vecino. 

Foi nos anos 60 cando o tenis empezou a ter importancia en España coa Copa Davis e co equipo formado por Manolo Santana, Juan Gisbert, José Luis Arilla e Juan Manuel Couder, baixo a capitanía de Jaume Bartrolí, este equipo alcanza dous finais da Challenge Round, en 1965 e 1967, gañadas polos australianos que defendían o título como anfitrións.

A ese equipo únese máis tarde Manuel Orantes.

Nesa época, individualmente debemos destacar os triunfos de Manolo Santana en Roland Garrós (1961 e 1964) e en Wimbledon (1966), a vitoria de Andrés Gimeno en Roland Garrós (1972) e de Manuel Orantes (1975).

O Trofeo Conde de Godó que organizaba o Real Club de Tenis Barcelona desde 1953 convértese nunha das probas de referencia do circuito mundial.

Nas dúas últimas décadas, España gaña a Fed Cup en cinco ocasións (1991, 1993, 1994, 1995 e 1998) e disputa outras seis finais, gaña a Copa Davis en 2000, 2004 e 2008, 2010 e 2011 e chega á final en 2003.

Así, en 2004 a Real Federación Española de Tenis obtén do Internacional Hall of Fame o Premio á Mellor Federación Mundial.

Tamén individualmente demostraron en innumerables ocasións a súa gran calidade:

– Arantxa Sánchez Vicario foi tricampioa en Roland Garrós (1989, 1994 e 1998) e campioa no US Open (1994), 

– Conchita Martínez logrou a vitoria en Wimbledon.

– Gañaron Roland Garrós Sergi Bruguera (1993 e 1994), Carlos Moyà (1998), Albert Costa (2002), Juan Carlos Ferrero (2003) e Rafael Nadal (2005, 2006, 2007 e 2008, 2010 e 2011). 

– Nadal gaña Wimbledon 2008 e 2010, en 2009, sendo número 1 gana o Grand Slam en Australia. En 2010 o US Open, sendo o primeiro español en gañar tres torneos de Grand Slam nunha mesma tempada.

Nos Xogos Olímpicos España logrou 11 medallas olímpicas:
– Unha de ouro lograda por Rafa Nadal nos Xogos de Beijing 2008.
– Sete medallas de prata gañadas por: Emilio Sánchez / Sergio Casal (Seúl 1988), Jordi Arrese (Barcelona 1992), Arantxa Sánchez / Conchita Martínez (Barcelona 1992), Sergi Bruguera (Atlanta 1996), Arantxa Sánchez (Atlanta 1996), Conchita Martínez / Virginia Ruano (Atenas 2004) e Anabel Medina / Virginia Ruano (Beijing 2008). 
– Tres de bronce para Arantxa Sánchez (Barcelona 1992), Arantxa Sánchez / Conchita Martínez (Atlanta 1996) e Àlex Corretja / Albert Costa (Sydney 2000).

Como dicía ao principio, temos grandes tenistas no máis alto polo que esta lista seguirá aumentando.

Tags: Deportes, tenis

loading
×