decoration decoration decoration
decoration
leaf leaf leaf leaf leaf
decoration decoration

Magosto

Redacción: Pablo Tejeda e Victoria Eiriz 3A

Comezado o outono, chega o momento de celebrar o Magosto!

O Magosto unha festa popular celebrada no noroeste de Espaa. Tradicionalmente tia lugar o da 1 de novembro, mais na actualidade, pdese festexar entre a segunda quincena deoutubroe a primeira denovembro, convertndose as na festa de outono por excelencia. Nesta festa consmense chourizos, vio, e demais produtos da zona, anda que as principais protagonistas desta celebracin son as castaas. A continuacin, mostrmosvos algunhas ideas que empregan este froito, para celebrar o magosto da mellor forma posible. Imos comezar con algunhas receitas:

 

– Entrante 

Chips de castaña

Ingredientes:

  • 2 ou 3 castañas crus
  • Sal
  • Pementa
  • Aceite de oliva
  • Ourego (e demais especias gusto)

 

Preparación:

  • Pelamos as castañas en cru, e podemos deixar ou non a pel interior.
  • Cunha mandolina ou un coitelo afiado, cortamos as castañas en láminas moi finas.
  • Fritimos as castañas nunha tixola con abundante aceite de oliva moi quente.
  • Deixamos que se douren durante un minuto ou dous. Hai que vixialas para que non queimen, xa que sendo unhas láminas tan finas, cocense enseguida.
  • Sacámolas e deixamos repousar sobre papel absorbente para que escorrer o aceite sobrante. Engadimos o sal, a pementa e o ourego (xunto coas especias que mis nos gusten).

-Prato principal

Sopa de castañas

Ingredientes:

  • 500 g de castaas
  • 1 rama de apio
  • 100 g de cebola
  • 1 cravo
  • 100 g de manteiga
  • 1 dL de nata e sal

Preparación:

  • Retiramos a casca das castañas e cocmolas en auga fervendo durante 20 min. Unha vez pasado o tempo, pelámolas e reservamos.
  • Nunha cazola, elaboraremos un caldo ca rama de apio, a cebola e o cravo. Deixamos ferver a lume medio durante 1 hora.
  • Incorporamos as castañas peladas e a manteiga ao caldo de verduras e trituramos ata conseguir unha crema suave e homoxénea.
  • Para alixeirar esta crema e darlle un toque suave, engadimos un pouco de nata líquida.

-Postre

Canas con crema de castañas

Ingredientes:

  • 1 prancha de follado
  • 1/2 l de leite
  • 200 gr de castañas
  • 125 gr de azucre
  • 50 gr de maicena
  • 10-15 gr de manteiga
  • 4 xemas de ovo
  • 50 gr de chocolate (opcional)

 

Preparación:

  • Para comezar, estiramos a masa de follado e facemos tiras coa axuda dun coitelo.
  • Untamos manteiga fundida nuns moldes de forma cónica, enrolamos as tiras de follado e apretamos cos dedos para que quede ben pegado.
  • Metemos os conos no forno a 200 calor arriba e abaixo, durante 12-15 minutos, ou ata que vexamos que a masa medrou e estean douradiños. Reservamos.
  • Comezamos a facer a crema, para elo pelamos as castañas e pómolas a cocer en abundante auga durante 12 min. Cando remate o tempo, escoámolas, deiámolas arrefriar e pelámolas de novo.
  • Botámolas nun cazo co azucre e auga (que as cubra) e cocémolas, de novo, durante 20 minutos, ou ata que vexamos que estean brandas. Triturámolas coa axuda dun batedor.
  • De seguir, botamos a crema de castaas no leite, mesturamos ben e quentamos a mestura ata que comece a ferver.
  • Mentres quentamos o leite, batemos as xemas de ovo coa maicena.
  • Cando o o leite coa crema de castañas ferva, botamos un pouco da mestura sobre as xemas batidas e mesturamos ben, para que o ovo non calle. A continuación, botamos as xemas sobre a crema de castañas co leite.
  • Quentamos, outra vez, ata que a mestura espese.
  • Engadimos o chocolate derretido e mesturamos ben.
  • Botamos a mestura nunha bolsa, que empregaremos como manga pasteleira.
  • Por último, cortamos a punta da bolsa e imos reenchendo as canas coa crema.
  • Refrixeramos durante 4-5 horas

 

 

Para rematar este post, queramos falarvos dos zonchos, os colares tpicos do Magosto, feitos con castañas. A continuación, mostrámosvos como facelos:

Precisamos:

  • Castañas.
  • Unha cazola
  • Un coitelo
  • Auga
  • Sal
  • Bramante (corda feita de camo)

Preparación:

  • Cocemos as castañas en auga con sal durante media hora, a cantidade depende de cantas castañas queiramos poer no zoncho. Taqmén engadimos un pouco de fiuncho ou anises.
  • Para comprobar que estean ternas, clavamos un coitelo nunha delas.
  • Escorremos as castañas.
  • Cortamos un trozo longo de bramante e enhebramos a agulla.
  • Cun coitelo, facemos un corte na base da castaa, antes de pasar a agulla a través dela.
  • Cando rematemos, facemos un nó para pechar o colar.
  • Comer o zoncho !

Isto é todo, agardamos que probedes estas ideas e disfrutedes dun bo magosto. Ata o próximo post!!

 

loading
×