decoration decoration decoration
decoration
leaf leaf leaf leaf leaf
decoration decoration

Para que serve a literatura?

Se ben é certo que a literatura é unha fonte de coñecemento e unha forma de pasar un bo anaco, para min é algo máis.

O suave tacto do papel, o olor a tinta, o contraste de cores, as palabras por descubrir… Pero a mellor parte é pórme a escribir e esquecer que son Manuel, un estudante, e pasar a ser o personaxe dunha aloucada, cómica ou misteriosa historia onde podes facer o que ti queiras; podes ser o que ti queiras sen deixar que o mundo real te encadee e poder voar explorando ata o máis pequeno recuncho da túa mente. Pasar de ser un rapaz a ser un deus, o creador, o mestre. Abandonar un mundo onde todos o único que fan é catalogarte como o que eles queren que sexas sen pensar no que ti queres. A literatura é unha porta cara o máis fermoso que poidas imaxinar xa que ninguén inflúe neses soños, ninguén corta as ás do paxaro que estaba engaiolado e conseguiu voar libre. A literatura é a chave para saír do cárcere que supón o mundo real. É liberdade, é paz.

 

Manuel Fompedriña. 3ºA

 

loading
×