decoration decoration decoration
decoration
leaf leaf leaf leaf leaf
decoration decoration

Falamos co arquitecto José Ignacio López de Rego

R: Victoria Eiriz Vázquez e Pablo Tejeda Maceda    

Ademais da conversa co arqueólogo Enrique González, da que xa vos falamos noutro artigo, o pasado 7 de abril de 2017 tivemos a honra de asistir a unha charla co arquitecto José Ignacio López de Rego, no CEIP Illa Verde, xunto aos rapaces de 5º EP de dito colexio. Ignacio falounos da restauración de monumentos así como de edificios, e para explicárnolo puxo o exemplo da restauración dunha bicicleta.    

Falounos sobre:

A evolución da enxeñería e de como esta se converteu na restauración.

O nacemento da restauración e das cartas de restauración, as primeiras documentacións escritas sobre como realizar a restauración.

Empezaron a facer reparacións (grazas ao razoamento científico)

As fotografías tomadas polos arquitectos lucenses de pisadas de soldados romanos na nosa muralla.

As teorías da restauración, que se empregan agora para non cometer erros.

Os científicos eran xente especializada no século XIX, que trouxeron tres teorías que marcaron a arquitectura: No 1860-65 Camilo Boito tivo a idea de restaurar os obxectos; despois, Gustavo seguiu polas súas teorías, pero seguiu mellorándoas.

A Muralla nun momento estivo rodeada de casas pegadas a ela, no ano 1972 fíxose una operación, a Muralla Limpa, que consistía en retirar todas as casas que estaban pegadas e reconstruír as partes dañadas da muralla.

En Lugo case non había modernismo, e o pouco que había deixouse morrer.

No ano 1921 tentouse facer unha porta para ir dende o interior da cidade ao hospital de Santa María.

En que consiste a foto-estereogrametría e que con ela podemos saber como é a muralla por dentro, onde hai ocos, escaleiras…

Cos ensaios especializados pódese determinar se as escavacións son falsas ou non e saber de que época son e o seu material.

En 1921 cinco persoas de Lugo intentaban que se declarase Monumento Nacional (querían dinamitar a muralla para facer unha porta, a que hoxe sería Obispo Odoario para poder ir dende o interior da cidade ata o Hospital de Santa María).

Non só se restaura o que está roto, senón que tamén o que se pode caer ou o que está gastado.

Dende o ano 2000 teñen fichas dos cubos da muralla.

O Campo de Forca era o lugar onde aforcaban aos reos (ás aforas da cidade), os reos nunca saían polas portas sagradas.

A muralla por dentro estaba feita de pizarra e morteiro.

Só colocaban sillares ao lado das portas orixinais.

Grazas a Ignacio aprendemos a historia da nosa cidade e a valorar o que temos, abriunos os ollos recordándonos que a muralla da nosa cidade é un monumento único e debemos sentirnos orgullosos de vivir nunha cidade con tantas reliquias antigas.   O que máis nos gustou da charla con Ignacio foi a forma de comparación entre o tema tratado coa restauración e montaxe dunha bicicleta.

 

loading
×