decoration decoration decoration
decoration
leaf leaf leaf leaf leaf
decoration decoration

Lucus Augusti: reliquia dos romanos

R. Xabier Carricoa Muñoa

O arqueólogo Enrique González veu darnos unha charla sobre Lucus Augusti, a antiga Lugo. Ademais, contamos cos alumnos de 5º de Educación Primaria do colexio Illa Verde. Este arqueólogo do Concello de Lugo explicounos algúns detalles sobre o seu traballo, como que non todos os arqueólogos se semellan a Indiana Jones ou que é máis analizar o que encontras que encontralas.

Contounos moitas cousas sobre a cidade como que a fundou Paulo Fabio Máximo en nome do emperador Octavio Augusto, ou que todo comezou cun campamento onde se mobilizaron para conquistar esas terras. A cidade tiña o foro, a gran praza pública, na Praza Maior actual e que ademais contaba cunha rúa que ía de norte a sur e de leste a oeste. Engadir que esta foi unha das cidades máis importantes da Península Ibérica e foi un dos puntos clave para as grandes calzadas romanas, polas que, no futuro, iría o Camiño de Santiago. Tamén dicir que tiñan unha tecnoloxía moi avanzada, xa que inventaron tanto a calefacción, chamada hipocausto, como as cloacas, que desembocaban no río Miño.

Mais non todo era alegría aquí. O cemiterio que tiña a cidade contaba con varios tipos de enterramentos, sendo os máis comúns a incineración e a inhumación. Ademais, por aquí descubriron que eran politeístas, que aceptaron as crenzas dos castrexos e que tamén aceptaban a Mitra, deus persa. A muralla, a única conservada no mundo, deixou fóra unha zona da cidade, a actual Recatelo. E xa que falamos da muralla, é moi importante dicir que antes estaba recuberta de cal, e que tiña 89 cubos e cada un deles coa súa respectiva escaleira. Engadir que ata o século XIX serviulle á cidade como defensa.

Tamén a poboación tiña moitos entretementos, podendo ir aos baños termais, desfrutando de xogos de mesa ou acudindo ao anfiteatro, ao teatro ou ao circo, que, aínda que non se sabe se había ou non, hai indicios destes. As súas casas tamén tiñan peculiaridades, xa que agora ter unha casa de moitos pisos é moito mellor, pero nesa época eran lugares onde vivía a xente máis humilde en grupos coñecidos como insulares, mentres que os ricos vivían en domus, casas particulares dunha planta que, encima, estaban decoradas con mosaicos como o do Museo Provincial.

Todo isto comezouse a descubrir, sobre todo, no século XX. Os aparcadoiros do centro foron testemuñas de escavacións no 1986 onde se encontraron moitos restos. E todo isto sen falar nada dos castrexos, e, sobre todo, dos castros como o de Viladonga. Estes estaban nas montañas  para poder verse entre eles.

Dou grazas ao plan Proxecta, xa que me  brindou a oportunidade de aprender todo o escrito nesta redacción. Resultoume moi agradable toda a charla e aportoume unha información que é difícil encontrar en Internet. Espero que no Illa Verde sexa tan interesante coma esta.

loading
×